A Asociación de Escritores en Lingua Galega vén de editar un libro de homenaxe a Uxío Novoneyra. Con toda a humildade do mundo, contribuín con este poema.
A amiga alba camiña polos pés con Uxío e comigo e no Courel
Amiga alba e delgada
estás lonxe
e non hai nada
en toda a serra calada.
Uxío Novoneyra
Pisamos as terras do Courel:
latexábanos o mundo enteiro dentro do peito
abellas ebrias de amor
quenceron os nosos pés ousados.
E pisamos terras altas
montañas altas
vacas altas e soberbias e ignorantes de nós,
e a neve
baixo dos teus pés pequenos.
¡Ouh muller para o lonxe
que trabucados están
os pescudadores de paraísos!
Na Serra do Courel
onde ecoan as verbas de Uxío
e de Fiz
vimos nacer un mar dentro dunha rocha
comemos aire a eito
bebemos castañas
e o fillo enchoupou os pés
inauditos
nunha lama de lobos famentos de metáforas.
Amiga alba e delgada
visitounos a vida
nas simas inversas e exaltadas do Courel.
Voltaremos ao namoro da pizarra
cando os netos chamen pola vida.
Daquela tamén
iremos a pé
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.