menu Menú
UN POEMA PARA UXÍO NOVONEYRA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en enero 4, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
PÁGANME PARA MANDAR, NON PARA LER Anterior O MEU DESEXO/BERRO PARA O 2008 Siguiente

A Asociación de Escritores en Lingua Galega vén de editar un libro de homenaxe a Uxío Novoneyra. Con toda a humildade do mundo, contribuín con este poema.

A amiga alba camiña polos pés con Uxío e comigo e no Courel

Amiga alba e delgada

estás lonxe

e non hai nada

en toda a serra calada.

Uxío Novoneyra

Pisamos as terras do Courel:

latexábanos o mundo enteiro dentro do peito

abellas ebrias de amor

quenceron os nosos pés ousados.

E pisamos terras altas

montañas altas

vacas altas e soberbias e ignorantes de nós,

e a neve

baixo dos teus pés pequenos.

¡Ouh muller para o lonxe

que trabucados están

os pescudadores de paraísos!

Na Serra do Courel

onde ecoan as verbas de Uxío

e de Fiz

vimos nacer un mar dentro dunha rocha

comemos aire a eito

bebemos castañas

e o fillo enchoupou os pés

inauditos

nunha lama de lobos famentos de metáforas.

Amiga alba e delgada

visitounos a vida

nas simas inversas e exaltadas do Courel.

Voltaremos ao namoro da pizarra

cando os netos chamen pola vida.

Daquela tamén

iremos a pé


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar