menu Menu
Un poema 'Pel con pel'
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Outubro 13, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
CIBERESQUEZO Anterior PARA QUEN ANDE ESTE MÉRCORES POR COMPOSTELA... Seguinte

Para a miña nai escribín un poema.

Saíu publicado hai uns días no libro colectivo Pel con pel, con textos arredor da lactación materna.

Di así:

A beleza primeira
esa que é agasallo
e un perfume que era cova.

Melancolía dunha aperta imposible.

Hai un algo
case que nada
de luz nesta amnesia compartida dun tempo no que fomos felices euentí.

Agora só carne cocida na lembranza das túas tetas.

Todo fica escurecido nun recordo infantil e derradeiro
que xa non entendo.

Nun bico lácteo inconsistente
que xa non sei que sabía a ti.

Para Marisa Veloso

nai doente de alzheimer

que me aleitou cando era memoria

e vida 


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar