menu Menu
UN POST DEMAGÓXICO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Novembro 11, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
O ESCRITOR INSPIRADO (OU TIRADO) Anterior MECANISMO DE DEFENSA Seguinte

falar

Claro, se agora eu vou e digo que as listas electorais deberían de ser abertas para que eu puidera votar realmente a quen quero, dirán que isto é demagoxia.

E se digo que había que destinar os cartos que se adican a armas a educación, dirán que é demagoxia.

E se digo que había que facer que os bancos pagaran a crise, dirán que é demagoxia.

E se digo que había que incrementar o gasto social e coidar da xente que o necesita, dirán que é demagoxia.

E se digo que para rematar coa fame no terceiro mundo o que hai que facer é deixar de aproveitarnos deles, dirán que é demagoxia.

E se digo que hai que facer leis para a igualdade real entre as xentes, dirán que é demagoxia.

E se digo que hai que asumir dunha vez que o máis importante é a educación dos nosos fillos e fillas, por enriba de todas esas cousas das que falan os xornais, dirán que é demagoxia.

E se digo que é posible acabar coas guerras, dirán que é demagoxia.

E se digo que é posible que non morran os cativos por enfermidades evitables, dirán que é demagoxia.

E podería seguir, demagogo e cheo de senso común.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar