menu Menú
UN SÍNTOMA DE NORMALIDADE
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en diciembre 20, 2006 0 Comentarios 1 min lectura
HIMNOS, FLAMENCOS. MELLOR: ANDRÉS DO BARRO Anterior FRANCO: ACADÉMICO DA GALEGA Siguiente

Reflexionamos moito sobre a saúde do noso sistema literario. O feito de que o fagamos tanto e dunha maneira tan insistente xa deixa claro a anormalidade da situación.
Sen embargo, hai que recoñecer que, nos últimos tempos, hai un aspecto no que si que temos progresado moitísimo. Refírome á publicación, nalgúns casos incluso antes que en castelán, dos máis importantes escritores mundiais da actualidade.
Velaí o caso de Martin Amis, agora editado por Galaxia. Ou o traballo, á inversa ( evidente nome para unha colección ) desenvolvido por unha editorial como Rinoceronte que, ademais de especializarse en traduccións ao galego, agora verque ao castelán os clásicos de Nós.
Non sempre van ser todo queixas.
( Este post nun momento coma este, no que estou a gozar coma un tolo do Brooklin Follies de Paul Auster en galego )


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar