menu Menu
UN XORNALISMO SECUESTRADO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Novembro 2, 2009 0 Comentarios 2 min lectura
INJLIS PITINJLIS NA TVG Anterior EIRADO Seguinte

 xornal

O outro día, e con recoñecemento incluído, xa dixen o que pensaba sobre uns medios de comunicación secuestrados polo poder político. Leo xornais, escoito a radio, incluso, moi de cando en vez, colaboro con eles, cando mo piden, hai anos e durante anos dun xeito continuo e diario, agora, dende o 2003, case que nada. Quéroos. Quixéraos doutra maneira.

Por certo, sobre o meu artigo galardoado alguén me dixo que a miña opinión non era politicamente correcta. Vale, iso quere dicir que acertei.

Non son o único.

Onte, El País publicaba unha interesantísima conversa con Roberto D’Agostino, un blogueirio italiano que ten 700.000 visitas diarias. Entre outras cousas di: Si el Estado da millones de euros a fondo perdido a los periódicos, ¿cómo pueden ser independientes? El resultado es que las noticias han desaparecido.

Está claro que non teño que explicar o que é obvio. O estado introduce cartos e cartos nos xornais. Conclusión: ou non te critico ou, se o fago, é moi polo aire e en asunstos insubstanciais. E quen di a administración pública di determinadas empresas que quizais teñan prácticas laborais dubidosas ou calquera outra entidade que meta pelas nos medios de comunicación.

No mesmo xornal, Soledad Gallego-Díaz pregúntase: ¿Cómo es posible que no sea noticia que 100.000 niñas sean secuestradas cada año en China para instalarlas en burdeles y traficar con ellas por medio mundo?

A resposta ten que ver coa economía e co feito de que, na batalla contra da verdade e a liberdade, o mercado gañou de todo. A ver quen lle retruca aos chineses, o noso grandísimo mercado futuro.

En fin, hoxe é luns. O  mundo é máis ou menos isto.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar