menu Menú
UNHA ANÉCDOTA REVELADORA DO EFECTO DESGALEGUIZADOR DO ENSINO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en enero 7, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
¿HAI LITERATURA PARA HOMES E LITERATURA PARA MULLERES? Anterior HISTORIAS ASOMBROSAS PERO VERDADEIRAS 11 (CONTO DE REIS CUN DÍA DE RETRASO) Siguiente

ovella

A noite de Reis ceamos, como cada ano, coa familia do meu bo amigo Manolo P. As horas fóronnos levando por temas varios. Mais todo estoupou (de risa) cando nos contou a súa entrada o primeiro día de clase.

A profesora (estamos nunha escola unitaria de aldea; Manolo P. que hoxe anda nos 40 anos só falaba galego aquel día que entrou no sistema educativo) pregúntalle ao cativo:

– A ver, Manolito, ¿cuántos años tienes?

Ao que Manoliño, moi serio, resposta:

– Tres años e unha ovella.

Mergullados como estamos en pleno debate arredor da diminución previsible do galego no sistema educativo, cómpre lembrar este tipo de anécdotas que nos recordan que a escola, igual que foi no seu tempo un elemento desgaleguizador, pode selo, tamén, de espallamento e alicerce da lingua propia.

Que ninguén o esqueza.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar