menu Menu
UNHA BOA NOVA PARA A CULTURA MUNDIAL
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xaneiro 11, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
A GRAN LITERATURA Anterior TODOS SOMOS Seguinte


Sabía do rumor. Pero non o daba por certo. Algo tan fantástico non podía ser verdade. Neste intre de conflictos globalizados, de paro xeralizado, de crise universal, de medo total, que algo así puidera darse na realidade provocábame orgasmos, intelectuais, por suposto, de cada vez que o pensaba.
Agora, seica está confirmado:
unha vez que Bush deixe o poder, vai escribir un libro.
Alivia pensar que a decaída cultura occidental vai coller novos folgos, gloriosos e imperiais, coa aportación deste novo valor das letras civilizadas.
E eu que pensaba que era parvo e que non sabía escribir nin ler ( na foto, reparen, o libro teno do revés; igual é unha montaxe, pero que máis dá ).


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar