menu Menu
UNHA BOA NOVA PARA OS MEUS AFOGADOS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Setembro 22, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
CON EDUARDO Anterior OS TÍMIDOS ESCRIBIMOS Seguinte

Hoxe recibín con ledicia a nova que informa de que o meu libro O Ceo dos Afogados, que no seu día foi finalista do premio Fundación Caixa Galicia, vén de resultar finalista do premio Martín Sarmiento, como xa dixen unha vez ( gañeino hai un par de anos por Un bosque cheo de faias ), un dos galardóns máis bonitos de todos cantos hai pois, a pesar de non ter dotación económica, é outorgado por unha morea enorme de alumnos e alumnas do país, que emiten, xa que logo, un xuízo máis que autorizado.
Competirá, na categoría de 6º de primaria a 2º da ESO con outros dous textos que tamén me gustaron moito, O son das buguimas, libro colectivo editado en Xerais pola ONG Implicad@s no desenvolvemento, e Plastilina nos pulmóns de Jaureguízar.
A solución, o 30 de Abril.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar