menu Menu
Unha historia da mentira
Venres 28 de xaneiro ás 18 horas no Consello da Cultura Galega
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog), Axenda, Consello da Cultura Galega en Xaneiro 20, 2022 0 Comentarios 2 min lectura
Un decano moi pouco ilustre Anterior Libra de Oficio – Editorial Galaxia e a industria editorial galega: Fran Castro (Director xeral de Galaxia e escritor) e Inma López Silva (escritora e crítica teatral) Seguinte
Venres da semana que vén será a próxima sesión presencial do ciclo Pensarmos, que impartirá Juan Jacinto Muñoz-Rengel, o venres 28 de xaneiro de 2022 ás 18:00 horas e que leva por título: Unha historia da mentira. Este ciclo, que ten como subtítulo “A contar mentiras”, está organizado pola Sección de Pensamento do Consello da Cultura Galega e coordinado por Carme Adán.
Logo da sesións de Javier Echeverría, Lluís Bassets, Gareth Williams, Remedios Zafra, António Cunha, Margarita Boladeras, Carmen Velayos, María Xosé Queizán, Teresa Rodríguez, Fernando Broncano, José María Lassalle, Alicia Puleo, Eulalia Pérez Sedeño, Luisgé Martín, Íria Veiga, Garbiñe Biurrun, Brigitte Vasallo, Jaume Alonso-Cuevillas i Sayrol e unha dedicada a Emilia Pardo Bazán, o ciclo continuará DE FORMA PRESENCIAL o venres, 28 de xaneiro de 2022 ás 18:00 horas, no Salón de actos do Consello da Cultura Galega, cun diálogo entre Juan Jacinto Muñoz-Rengel e Francisco Castro, sobre Unha historia da mentira.
• IMPORTANTE: A actividade é presencial e, debido ás limitacións derivadas das medidas contra a Covid, conta cun número limitado de prazas para asistentes. Se desexas asistir deberás, obrigatoriamente, facer a súa inscrición no formulario do sitio web www.consellodacultura.gal e recibir confirmación por parte da organización.
• Ningunha persoa poderá asistir sen estar debidamente acreditada e confirmada.
• A sesión será tamén retransmitida en directo no web www.consellodacultura.gal e na canle de Youtube da institución. Poderanse achegar preguntas ou comentarios a través do propio chat de Youtube.
• Todos os contidos permanecerán para as consultas futuras na Mediateca do Consello da Cultura Galega.

carme adán consello da cultura galega juan jacinto muñoz rengel pensarmos


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar