Aí atrás lía unhas declaracións do poeta Antonio Gamoneda nas que explicaba que se xubilara aos 62 anos para poder dedicarse integramente ao que de verdade lle enche a vida de paixón: escribir.
Sei de algúns escritores de nós que pensan igual. E así é como nos vemos moitos: cando xubilados, en troques de ir ver as obras do concello, sentaremos durante moitas horas a escribir as nosas novelas e poemas profundamente concentrados, á fin liberados dos atafegos e escravitudes laborais. Seremos, daquela, «escritores a tempo completo». Durante pouco tempo, pero «profesionais». Con todo o xúbilo por diante.
Isto ten o seu punto tráxico, porque se supón que cando temos máis enerxías para crear, o corpo mellor disposto, e as máximas das alarmas mentais nos seus sitios ( poñamos, eu que sei, dos trinta en diante ), pois durante esa época madura estamos traballando e, como xa dixemos mil veces, facendo unha literatura eivada a base de restarlle horas ao sono, á familia e, moi probablemente, á saúde. E despois, cando xa os folgos estean baixo mínimos, daquela, será cando teremos tempo ( a non ser, claro, que algún ministro de economía cachondón nos obrigue a seguir cotizando de por vida ).
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.