En relación co que denunciabamos hai un par de días ( e non son o único, hoxe o escritor Álvaro Otero asina un magnífico artigo no Faro de Vigo ), leo que unha editorial vén de tomar a decisión de retirar unha novela por temor ao radicalismo islámico. O título é The jewell of Medina, e seica narra a vida de Aisha, dende o seu matrimonio con Mahoma aos 6 anos.
É unha mala nova.
É un banzo máis na escaleira esta que andamos a subir cara un mundo cheo de control e sen liberdade.
O mesmo día, leo tamén que sae ao mercado o novo libro de Marisa Medina, popular rostro da tele de hai décadas e famosa pola súa historia coas drogas e o xogo. É un libro de poemas sobre a droga ( titulado precisamente La droga solitaria ). Polo que lin por aí, versos dabondo cargados de ripios sobre ionquis e o moito que quere ás súas fillas.
Ese tipo de libros si se poden editar. Que seica non ofenden.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.