menu Menu
UNHA NOVELA MOI PESADA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Abril 18, 2011 0 Comentarios 1 min lectura
HABERÁ QUE PENSAR MÁIS NO SEXO E ESCRIBIR MENOS Anterior DA MIÑA BOCA Á TÚA ORELLA: 'Memorial do infortunio' Seguinte

Onte, paseando polo mercadiño que montan na Laxe, en Vigo, o domingo pola mañá, de antigüidades e outras cousas curiosas (madia leva: boteille un ollo a tres vinilos dos Beatles, pero non podía pararme xusto nese instante e cando volvín xa os levaran…) vin un anuncio de LIBROS AL PESO. Concretamente vendían a 6 euros o quilo de libros. Dá igual cales collas, a súa temática ou idioma, que sexan obras de arte ou folletíns insoportables. Coma as toallas en Valença. Coma as cereixas no Eroski. Páxinas ao peso. Se tes seis euros tes dereito a un quilo de lectura.

A cousa fíxome pensar na pesadez dalgunhas novelas. E na levidade doutras.

E asusteime: porque a miña nova novela está a piques de saír. E van ser case que catrocentas páxinas. Xa que logo, unha novela pesadísima. Cando menos, de medio quilo.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar