menu Menú
UNHA TREGUA CON BENEDETTI
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en julio 7, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
PARA QUEN CREA EN CASUALIDADES Anterior SEGUIMOS PICANDO Siguiente


Coma sempre, quero recomendarvos algún libro que veña de rematar. Esta mañá, mentres almorzaba (ventaxas de poñerse en pé as cinco da mañá para chamar polas musas ), rematei La tregua, unha novela de Mario Benedetti, recentemente finado e coñecidísimo, sobre todo, polo seu traballo poético (imprescindible todo o seu Inventario ). Sen embargo, eu sempre o reivindiquei como prosista, en especial despois de traballos como La borra del café.
En La tregua atoparedes a medida do prosista enorme que foi ao construir unha novela a xeito de diario, pequenas entradas ( case que un blog, agora que o penso ) escritas por un fulano que só espera que lle chegue o día da xubilación. Quédalle un ano para chegar a esa meta. Pero na oficina vai aparecer o amor. E por aí chegará a tregua. A única, probablemente, que nos dá en serio a vida.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar