O Partido Popular está no seu democrático dereito de apoiar a marcha que Galicia Bilingüe vai facer para denunciar a “imposición do galego” e a persecución contra do castelán en Galicia. Non me parece mal. É cousa deles.
O que si espero é que, cando volva darse outro caso de violencia machista se unan á manifestación.
Que mañá ou pasado convoquen unha manifestación contra da fame no mundo.
Que dentro de tres ou catro días anuncien unha marcha para acabar coa prostitución.
Que a semana que vén non dubiden á hora de asinar un documento para que a crise a paguen os que a causan, é dicir, os ricos.
Estou certo de que farán iso.
Porque, de non facelo, de ter a sensación de que o único polo que se movilizan é por botar abaixo un plano de normalización que eles mesmos aprobaron no seu día ( ¡toma coherencia! ), daquela, tería que pensar que para eles iso é máis importante que as mulleres que son asasinadas, que os cativos que morren de fame, que a violencia sexual que sempre é a prostitución, que o paro…
E iso, de ser certo, sería en verdade escandaloso.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.