menu Menú
VÉMONOS, DENDE CALQUERA SITIO, ÁS 18.45 DO VENRES
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en diciembre 4, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
RECTIFICO A HORA: É AS 17.45 Anterior CAFÉ. PALABRAS Siguiente

Mañá venres pasareino nesa marabilla que é o Culturgal, onde a Editorial Galaxia ten unha presenza importante ao igual que outras moitas empresas da cultura deste país.
E a iso das 18.45 participarei nunha emisión, vía Internet, dentro do programa Falemos de libros no stand da Asociación de Escritores en Lingua Galega para falar dos meus novos proxectos literarios. Direi algo – supoño – sobre a miña nova novela para mozos que sairá a primeiros do ano que vén.
Xa que logo, para os que pasedes pola Coruña, alí nos vemos. E para os demais, se tendes ganas, vémonos, ás 18.45 en directo e facendo clic na tele que sae aquí.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar