menu Menu
VEÑO DE FACER TESTAMENTO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Novembro 3, 2010 0 Comentarios 1 min lectura
CORINA PORRO, BARACK OBAMA E EU Anterior DESPOIS DO GALEUSCA 2010 Seguinte

Pero non se me asusten.

O que sucede é que vén de chegarme o novo volume editado pola Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística e no que un grupo de xentes da cultura, deixamos a nosa Manda Testamentaria referida á nosa lingua.

O meu testamento di así:

A todos vós, meus fillos e fillas queridas, déixovos a encomenda de seguirdes coa viaxe que iniciaron os nosos devanceiros hai máis de mil anos, cando fixeron nacer esta andaina de palabras e de sentires e que é a nosa fala singular. Pídovos que non sexades vós quen rache a senda que entre todos conseguimos fender na pedra da historia e que fai de nós un pobo. Rógovos que non lle poñades barreiras a este camiño de soños. Se cadra, facédeo máis grande. Andade por el. De o facer, sabede que estaredes a camiñar polos vieiros da lingua igual que camiñou o voso pai e antes ca el camiñaron outros. Paseade polo sendeiro da lingua, viaxe infinita, e facede así guieiro e facho aceso entre a néboa para os que veñan detrás de vós.
Isto é o que vos demando. Na lingua de mar da miña terra.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar