menu Menu
VENUS. A NATUREZA. A REPRESIÓN E O OLVIDO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xullo 7, 2010 0 Comentarios 2 min lectura
SEGUIMOS SENDO IGUAL DE PARVOS Anterior ALCALDES, FÚTBOL E LIBROS Seguinte

Estes días, xa o contei, andiven a voltas con Epicuro de Samos. E léndoo e, sobre todo, lendo sobre el, descubro cousas que tiña esquecidas, como por exemplo que Venus non é só a deusa do amor senón, orixinariamente, a deusa da natureza.

Epicuro foi prohibido (e os seus libros desaparecidos) polo cristianismo. Tiña que ser así. É un filósofo que explica que o pracer físico, o pracer do corpo, o pracer, como el dicía, do ventre, é a base da felicidade. Logo virán outras formas mellores de pracer (en especial a amizade e o exercicio da filosofía) pero o primeiro é estar a ben co pracer físico. Séculos despois viría un tal Freud a poñerlle roupas científicas a esta obviedade, pero Epicuro xa o planteou moito antes. E do que el falaba era de estar a ben con Venus.

E claro, velaí o olvido. Porque Venus é a deusa da natureza. E tamén do amor e da sexualidade. Co que temos que o amor, a sexualidade e a natureza incardínanse na mesma cousa.

Sabido é – como Nietzsche explicou maxistralmente en A xenealoxía da moral – que un dos grandes traballos levados adiante polo cristianismo foi o de que a xente esquecera o significado das palabras e das propias tradicións. Isto é, por exemplo, convertir en santos e santas de distintas cousas (para a saúde, a boa sorte, os amoríos, etc… ) ás distintas divinidades xa existentes no mundo pagán; e outra, a máis dura, facer que as palabras signifiquen só unha parte do que significaban. E así Venus, por exemplo, pasa a asociarse só a sexo, e como moito a amor (sexuado) con toda a carga de inmoralidade que a tradición xudeo-cristiana lle mete, e xa nunca máis lembramos que Venus é a natureza.

Ou sexa, que o pracer o amor o físico as apertas os beixos, son a vida. A vida.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar