No último número da revista GRIAL, coordeno un monográfico que titulamos A VERDADE (E A POSVERDADE) NA ERA DA REALIDADE LÍQUIDA e na que escribimos a filósofa Carme Adán, a xornalista Sara Torreiro e un servidor.
Deixo aquí o meu traballo que titulei VERDADE SNAPCHAT e no que reflexiono sobre como evoluiu o concepto de “verdade” dende o nacemento da cultura occidental ata os nosos días onde as fake news son consumidas dun xeito irreflexivo por masas acríticas que están dispostas a crer calquera clase de parvada que se repita moito a través das redes sociais. Polo medio, análise da crise dun xornalismo actual en crise dominado polos partidos políticos e condicionado pola precariedade laboral de moitas e moitos traballadores, como as redes sociais están a condicionar o seu xeito de comunicar e pesa máis conseguir audiencias (que a fin de contas traen a publicidade) a costa do que debería ser a seña de identidade da profesión (contar a verdade e actuar como contrapoder político) e como é imposible explicar o auxe de certos partidos políticos ultras e fascistas (ilustramos o monográfico con fotos de Trump e Bolsonaro…faltounos Santiago Abascal pero no momento no que preparamos o monográfico, VOX era marxinal) sen reparar na crise global que algo tan serio como saber o que é certo e o que non o é, xoga neste escenario.
Espero que vos guste.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.