Onte acodín o acto de presentación da candidatura da miña cidade, Vigo, á organización da Universiada 2013. Como vigués síntome honrado por ter recibido a encomenda de elaborar o guión do video de presentación que titulamos “Vigo: o corazón dun dragón”.
A Universiada, de se conseguir ( como dixo o actor Carlos Blanco durante a presentación: “¿por que non soñar?” ) implicará xa non só poñer a Vigo durante unhas semanas no centro de todo ao organizar o segundo acontecemento deportivo máis importante do mundo despois das Olimpiadas,senón tamén recibir a 10.000 deportistas de 157 países distintos e participar nunha historia que pode modificar para sempre, e para ben, á cidade.
O primeiro paso será conseguir que o Consello Superior de Deportes prefira Vigo á outra candidata española, que é Murcia. Despois, hai que superar, en Marzo, en Bruxelas, a cidades da importancia de Quebec, no Canadá, ou outras cidades de Korea, Polonia ou Rusia.
No meu guión parto do dragón de Quessada, que mira ao mar. E falo do pulo da miña cidade, chea de contradiccións pero que, desta vez, seica soubo atopar o camiño para unirse e conseguir, por unha vez, entre todos algo grande.
Oxalá.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.