menu Menu
VIZOSOS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Marzo 16, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
POR QUE ESCRIBO Anterior MAÑÁ NA POBRA DO CARAMIÑAL Seguinte


Hoxe en El País, o escritor cubano Antonio Orlando Rodríguez escribe un fermoso artigo titulado Yo, el vicioso. Fálanos aí do seu amor ás bibliotecas e aos libros. Un vicio que compartimos moitos e que, fronte a outros vicios que é mellor calar, deste gústanos ter fachenda, porque no fondo, confiamos no seu contaxio, non nos importa o seu contaxio, queremos, de feito, contaxiar. Nese sentido, por suposto, somos uns grandes depravados que procuramos que a infección pase aos demais, sobre todo, aos que máis queremos. Porque nos apetece que gocen coma nós. Porque queremos enturbiarlles a cabeza con historias con poemas con filosofías con ideas con teses con contos con fábulas con misterios e con vida.
Sobre todo con vida.
Eu, ti, ela, todos, vizosos.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar