menu Menu
VOLVERLLES A PALABRA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Xaneiro 23, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
UN BOSQUE CHEO DE FAIAS EN ALCORCÓN Anterior AS MÁSCARAS DE CRONOS Seguinte

Onte recibín un exemplar do libro Volverlles a palabra. Homenaxe aos represaliados do franquismo, no que contribuín cun poema que titulei Walt Whitman falando con Celso Emilio. Bukowski, de cando en vez, opina. E Lorca aboia sobre os tres e sobre nós. No volume participamos unha morea de autor@s e artistas plásticos convocados polos coordenadores, Xoán Carlos Domínguez Alberte e Baldo Ramos. O libro vén de ser editado pola Consellería de Cultura en colaboración coa editorial Difusora de Letras, Artes e Ideas.A voz dos creadores galegos contra da brutalidade e a senrazón ( que sempre volve, que nunca se va, que sempre está aí… esperando. Que ninguén o esqueza ).


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar