menu Menú
¿VOLVEUCHE PARVO INTERNET?
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en marzo 23, 2011 0 Comentarios 2 min lectura
Cando era un neno Anterior Literatura, sempre pomada Siguiente

Nos últimos tempos seica todo o mundo ten algo que lle criticar a Internet. Rouco Varela, ese intelectual, por exemplo, hai uns días cando foi reelixido, que aproveitou para dicir que non lle gustaba a Rede. Pero en fin, a este coido que non lle gusta practicamente nada. E logo, xa en plan máis serio, Nicholas Carr, un filólogo dos EUA que está a arrasar co seu libro Superficiales. ¿Qué está haciendo Internet con nuestra mente?

No básico, a súa tese é que o noso cerebro está a mudar por mor de Internet. E que a cada día que pasa somos máis parvos por culpa súa, pois nos distrae e impide a nosa concentración (fai que medre o pensamento instantáneo e fugaz, efémero). Puidendo darlle a razón a nalgúns asuntos (está claro que a Rede é o Reino do Supérfluo, a Apoteose do Inmediato, en especial as Redes Sociais), hai algo que non lle paso: e é cando sinala que Internet nos volveu menos críticos.

Pois será cuestión de que teñamos claro que entendemos por crítico.

Porque, por exemplo, pensando en nós, na cultura galega, na nosa lingua, Internet é, xa o dixen milleiros de veces, unha completa beizón.

Porque o galego está moi presente, activo, vivo, protagonista. Nos medios en papel, por exemplo, non. Aí nos machacan por sistema e a nosa voz practicamente non se escoita. Pero si en Internet. E así a nosa cultura consegue, grazas á rede, niveis de espallamento impensables por outros camiños. E, sobre todo, porque esas voces críticas, distintas, disonantes, diferentes, nunca serían escoitadas de non ser por Internet.

Eu teño clarísimo: Internet non nos volveu máis parvos. Todo o contrario: grazas a ela somos moitísimo máis críticos ca nunca e grazas a ela podemos exercer a nosa crítica con máis forza ca nunca.

Que non nos falte. Incluso, pola nosa propia supervivencia como colectivo.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar