menu Menú
XA NON HAI RESPECTO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en junio 4, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
CA-CA-CA Anterior CONTRA OS GRANDES APOCALÍPTICOS Siguiente


Hai por aí un anuncio de coches que pretende facer que pensemos na liberdade e os anceios de aventura que transmitiu Jack Kerouac ( na foto ) no seu On the road. Se o etílico e canso e xenial Jack vira o anuncio probablemente iría correndo a un concesionario a prenderlle lume. A subversión convertida precisamente no máis conservador que hai: o consumo.
Noutro, sae Einstein asociado a non sei que produto. E non hai moito, outro anuncio, paréceme que tamén de coches, sacaba a John Lennon cantando o God, unha canción nihilista e destructiva e anti-sistema ( o John pásase toda a canción dicindo I don’t believe… e acaba con todo ) como o seu pano de fondo inductor ao consumo do vehículo en cuestión.
Un completo disparate.
Velaquí a demostración da forza do capitalismo, que é capaz de coller produtos pensados para atacar con dureza ao sistema e, lavándolles a cara, facelos pasar como xustamente o contrario do que eran cando foron concibidos: invitación ao consumo, ao conservadurismo, á quietude e, en definitiva, á estupidez colaboracionista.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar