Dende Fervenzas Literarias, onde onte se publicou a entrevista comigo, botan a andar un simpático concurso, pois sortean un exemplar da novela O segredo de Marco Polo para os lectores da web (eu prefería que o gañador/a gozase dunha cea comigo, pero en fin, a crise é a crise 🙂
Curto e pego o que hai na súa páxina:
Se queres participar no concurso, envía un correo electrónico a concursos@fervenzasliterarias.com coa resposta á seguinte pregunta:
Na novela de Francisco Castro Spam, publicada por Galaxia no 2006, chegan á Empresa correos e mensaxes vexatorios dirixidos ao Director Xeral. Cal era o pseudónimo utilizado polo remitente desas mensaxes?
Envíanos a túa resposta antes das 23.59 h. do venres 1 de outubro.
Animádevos a participar. A ver quen o leva…
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.