menu Menú
XA QUE LOGO, É UNHA COLONIZACIÓN
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en mayo 23, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
UNH PREGUNTA DIFÍCIL DE RESPONDER Anterior PREOCUPADO E DECEPCIONADO Siguiente


Lendo unha reportaxe nunha revista de historia sobre o apresamento de Cristóbal Colón, polos seus excesos sobre os seus súbditos na Española, atopo a seguinte perla, perfectamente aplicable á situación que vivimos en Galicia cos que, sendo galegos, din que non entenden a lingua ( carallo – o outro día escribín carafio e houbo quen me reñiu: o que sería difícil de entender en Galicia por un castelanfalante sería o serbo-croata, pero en fin… ):
La adaptación de los colonos españoles a las nuevas tierras descubiertas fue difícil y llevó mucho tiempo. Colón y sus hombres tuvieron que improvisar y hacer frente a toda suerte de adversidades. De entrada, la barrera lingüística creó dificultades con la población indígena.
¿Vedes? Igualiño que aquí: para moita xente o galego é unha barreira que impide entenderse con nós ou, o que é o mesmo, dificulta que nos colonicen.
Porque Colón e os seus conseguiron rematar con todas aquelas falas. Fixeron desaparecer as falas dos «indíxenas».
O malo é que, aquí, unha boa parte dos indíxenas colaboran con agrado.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar