menu Menú
XA SAIU O MEU 'SPAM' EN ITALIANO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en junio 13, 2012 0 Comentarios 1 min lectura
Rescatar a cultura galega Anterior A quen lle importa que morra unha lingua? Siguiente

 

Hoxe, o mesmo día no que a gripe veu visitarme, co corpo agarrotado, tremendo de frío e febril, recibo a gratísima nova de que o meu libro Spam, que recibira o Premio Blanco Amor no ano 2005 acaba de ser publicado en italiano baixo da man de Edizioni dell’Urogallo.

Xa sabedes o importante que é que as creacións de noso traspasen fronteiras. Xa sabedes o que sempre digo: que eu escribo en galego, na lingua do meu país, pero para que me lean en todas as partes do mundo. Hoxe, en Italia. Mañá espero que en moitos sitios máis.

Hoxe só podo dicir que estou feliz, feliz, feliz, feliz, feliz, feliz…


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar