menu Menu
XA SEI O QUE QUERO PARA O NADAL
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Novembro 23, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
¿POR QUE LLE TEÑEN MEDO Á NACIÓN? Anterior O PESO DA NACIÓN Seguinte

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/58FYKKty3a4" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Hai seis meses que finou Antonio Vega, un dos grandes grandísimos da música. Un artista moi completo cunha enorme capacidade para a lírica, como demostran algunhas das súas cancións, coma esta que aquí vos deixo.

Dende sempre, quizais pola miña condición de músico frustrado, gosto moito de ler libros sobre cantantes, grupos, e historias da música rock en xeral. Así, aí atrás, cando me caeron os 43, unha boa amiga apareceume cun volume sobre Leonard Cohen. Ía a tiro fixo. Imposible trabucarse. Hoxe, leo por aí que está para saír o libro Antonio Vega, obras completas (once CDs con todas as cancións, un DVD e un libro de 120 páxinas).

Xa sei, xa que logo, o que quero para o Nadal.

Espero que o Apalpador, ou Papá Noel, ou os Reis Magos ou calquera alma caritativa con cartos, lea este meu blog hoxe.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar