Hoxe o Faro de Vigo publica unha entrevista coa poeta Yolanda Castaño. O titular está na onda do que eu mesmo dicía aquí, algo dramático, o outro día. En concreto: O único que lle falta á cultura galega é promoción e mercado.
Daquela, seica xa somos moitos os que pensamos igual.
Da entrevista ( estou de acordo con Yolanda en todo o que segue ) destaco o seguinte: – Falaba das vangardas internacionais, a cultura galega precisa de novos aires?
– A cultura galega non ten moito que envexar ao que se fai a nivel estatal ou europeo, o único que lle falta é promoción e mercado. Porque o feito é que xente que fai cousas realmente arriscadas, modernas e de compromiso coa arte, e o público ten que ser coñecedor delas.
– Esa falta de difusión é por parte das institucións? tamén implica aos propios artistas?
– De todos. Por parte das institucións sempre se pode facer algo máis: aparellar circuitos e colaborar na distribución dos formatos… Tamén por parte das empresas privadas vinculadas á cultura; e logo por parte dos creadores, porque hai moitos que se queixan da falta de mercado, pero esperan a que llo leven aos pés do sofá.
Xa o dixen o outro día. E hoxe ela insiste.
Non temos nada que lle envexar ao resto das culturas europeas. Pero fáltanos promoción e mercado. O público non chega a coñecer o que facemos. E hai moito creador que está esperando que lle leven a promoción á súa casa.
Teño falado disto moitas veces con Yolanda. No fondo, e a pesar de que podemos soar dramáticos, síntome esperanzado de que de cada vez haxa máis creadores conscientes do mesmo: temos que gañar á xente, hai que ir a por ela. Non debemos acomplexarnos. Velaquí estamos. Isto facemos. Agora, lédenos, escoitádenos, xulgádenos.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.