menu Menu
XENTE ILETRADA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en Outubro 19, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
LEOPOLDO: QUE SE CUMPRA A LEI Anterior ROSA DÍEZ E O "COLMO DEL DESPROPÓSITO" Seguinte


Hoxe en El País, Moisés Naim escribe un artigo moi recomendable, explicando algo no que desde este blog repetimos con teimuda reiteración: hai que empeñarse – xogámonos o futuro – en facer unha revolución educativa en serio. El di que non sabe a fórmula. Pero apunta varias.
Eu levo anos insistindo na que, en parte, pode ser un anaco da fórmula, volver ao libro, que implica, ademais de lectura, a reflexión, unha certa calma ( para ler é preciso tempo ), un traballo individual e concentrado, diálogo cos argumentos, procesamento de información, favorece a síntese e a creación de opinións propias. De feito, e como xa dixemos tamén mil veces, naqueles países onde o eixo educativo é a biblioteca, os resultados son sempre mellores. Aquí, ou non as hai ou están – agás honrosas excepcións froito do traballo entusiasta dos bibliotecarios/as – mortos de risa.
Isto cómpre tomalo en serio. Porque a realidade é a que é.


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar