menu Menu
Xosé M. Eyré fala sobre IRIDIUM
"Unha desas historias que se revelan imprescindibeis para calquera literatura"
Por Francisco Castro Publicado en Sala de prensa en Novembro 14, 2018 0 Comentarios 2 min lectura
Taller Literario en Madrid Anterior Tòpics, etiquetes, Pablo, Albert í Vox Seguinte

Iridium, de Francisco Castro, conta unha desas historias que se revelan imprescindíbeis para calquera literatura. Ata que Manuel Esteban deu á luz A ira dos mansos ninguén na literatura galega se ocupara daqueles seres que conviven con nós mais que padecen algunha característica que os fai diferentes. Manuel Esteban fixouse na Síndrome de Down, e agora Francisco Castro naquelas persoas con Dano Cerebral Adquirido. É dicir, xente que naceu coma todos nós, mais que nun determinado momento, pola causa que sexa, pasou a sufrir un dano cerebral que lle impide desenvolver todas as súas funcións vitais coma todos nós. Ese é o caso de Iris, moza á que un accidente deixou con Dano Cerebral Adquirido (DCA), e ten dificultades para desenvolverse na vida coma aqueles que non o padecemos. Por se fora pouco especial xa por iso, Iris ten outra carcaterística que a individualiza fortemente entre todos os demais: ten un ollo verde e outro azul, dúas cores distintas nos ollos. De aí o título, Iridium. Mais aquí o que importa é que padece DCA, do que está a tratarse para recuperar o meirande número de funcións corporais, coma antes non vai quedar, mais si pode mellorar. Padecer DCA non lle impide ser unha instagramer de éxito, mais si hai unha cousa que lle dá unha coraxe tremenda: que non a traten coma os demais por padecer DCA, que a estean a compadecer decote e se esquezan de que segue sendo unha persoa coma outra calquera. Por iso Iridium  é unha historia contra a discriminación, aínda que sexa positiva, con boa intención que se di. Por iso é unha novela (curta) imprescindíbel. Porque nos ensina como senten as persoas que o resto do mundo considera “especiais” polo motivo que sexa, neste caso DCA. Porque nos ensina que seguen sendo persoas e coma tales persoas deben ser tratadas, porque senten e padecen e choran e rin e necesitan ser queridos coma todos os demais mortais. Por iso tamén é unha historia de amor. E desas que non apetece deixar de pasar páxinas, que les dunha sentada e cando rematas sentes mágoa porque non sexa máis longa, entrou tanto en ti que non queres desfacerte dela.

(O artigo completo aquí.)

editorial galaxia iridium xosé m. eyré


Anterior Seguinte

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar