menu Menú
O FÚTBOL E A NAI E O PAI QUE OS BOTOU
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en junio 24, 2012 0 Comentarios 2 min lectura
Coma Marilyn Manson (La Roja me la trae floja) Anterior Unha momia resesa, un vampiro cariado, un home eléctrico sen baterías e un peludo sen depilar Siguiente

Perdón, que conste, perdón, que eu son un fulano que fala moi ben e que non solta pecados así como así, á miña obra escrita remítome, pero hoxe éntranme ganas de facer iso que vén sendo o final da dixestión no fútbol. Non por tal resultado ou taloutro, que tanto me ten. Non vai coa miña vida, non vai mellorala, non vai facer que as miñas angurias desaparezan, como moito servirá para que durante un cacho dun anaco dun pouco pense que a miña vida vai mellor e que ten menos angurias porque uns señores gañaron un partido. Así que paso. Non é por iso. É por saber que se gañan os de La Roja van levar 300.000 euros, coa que está a caer. Outros tantos lle deron por gañar o Mundial e seica tributaron en Sudáfrica. Toma patriotismo, himno nacional e elefantes tiroteados. Pero non é por iso, non. É por saber que Facenda toma a decisión de non ir contra dos clubes de fútbol, que lle adebedan á facenda pública, é dicir, a ti, a min, a todos, 752 millóns de euros. Mais nin sequera me entran ganas de finalizar a parte sólida da dixestión no fútbol por iso, senón porque Facenda toma a decisión de non reclamar «para que non desaparezan moitos». Por iso digo o que digo e faría o que faría en troques de no váter, no fútbol. Porque a cultura pode caer, que non pasa nada, se tes unha pequena empresa e non podes facer fronte aos pagos, caes, se queres montar un negocio e che vai mal, caes, pero se es o pan, o circo, o entretemento, a droga de tantos que organizan os seus estados de ánimo en función de se a meten ou non (a pelota), daquela, sostenche ese mesmo estado que te machaca.

Sinto, pero hoxe, se puidera, facíalle algo enriba da cabeza ao fútbol todo.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar