menu Menú
¿QUE FACEMOS CO DÍA DAS LETRAS? (Queda aberto o debate )
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en mayo 8, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
EU SON COMA BECKHAM Anterior CLARO QUE AOS POLÍTICOS LLES INTERESA A LECTURA Siguiente

Achégase o Día das Letras e, como todos os anos, volvo a ter a sensación de que temos que darlle unha volta a este día, que hai que trocalo de arriba a abaixo.
Digámolo ( e a quen non lle guste que lle bote azucre ): tal e como está é un día ao que só as axencias de viaxe ( Aproveche las ventajas del Puente de las Letras Gallegas )lle tiran proveito. Son moitas as voces que explican que non debería ser festivo ( o Día do Libro non o é e funciona ben como xornada de homenaxe aos libros ). Que non ten sentido coller unha figura (para o caso, María Mariño ), loubala durante un día e logo esquecela para sempre xamais. Por non falar dos xornais, que ese día maquillan a súa primeira páxina para, por dentro, seguir como están.
Propóñovos, xa que logo, un debate. Damos como día de remate, claro, o 17 de Maio.
Procuramos ideas para o Día das Letras.
Animádevos a participar.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar