O outro día convidáronme os indignados de Vigo a lles falar. Querían coñecer a miña visión do seu movemento…
Se cadra, outro día cóntovos como me foi, que hoxe non teño ganas.
Porque hoxe, Día Internacional contra o Traballo Infantil, eu si que estou indignado. E non pola crise que vivimos no primeiro mundo onde todos comemos, nin porque algúns metan a man na caixa, nin porque algúns equipos que querían ascender non ascendan, nin porque non estea claro se a muller de Jesulín é culpable ou inocente, ou Ortega Cano ou a nai que os botou, nin porque a xente poida estudar tres carreiras universitarias e non consiga traballo. Nin sequera hoxe estou indigando polos parvos que poñen crucifixos en parlamentos cheos de imputados e im-putadas para provocar e para foder, basicamente e con perdón.
Hoxe vólvome indignar por algo tan obvio coma esto: século XXI, pero 115 millóns de nenos e de nenas traballando, moitas destas últimas, por certo, como escravas sexuais para señores, claro, do primeiro mundo; século XXI, pero cada minuto algún destes 115 millóns de nenos obrigados a traballar (non digamos iso de neno traballador, iso non pode existir, todos están obrigados, esforcémonos en falar con propiedade) é obxecto dun acto violento.
Hoxe Eu Tamén Indignado.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.