menu Menú
A REALIDADE É MÁIS NOVELESCA QUE AS NOVELAS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en mayo 5, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
HISTORIAS ASOMBROSAS PERO VERDADEIRAS 5 Anterior A IMPORTANCIA DA LITERATURA INFANTIL E XUVENIL Siguiente


Hai uns días, o xornal El País daba conta da historia, en verdade peliculeira, de Michel Vaujour, un tipo que se fugou ata cinco veces de prisión, nunha delas, nun helicóptero que pilotaba a súa muller.
Se o escribes nunha novela, non cho cren. Diríanche: inverosímil, esas cousas non pasan máis que no cine malo tipo Bond, James Bond.
Pero así foi.
E a cousa non remata aí, porque nesa ocasión, cando se fugou de tan singular maneira, conta que nada máis subirse no helicóptero, o primeiro que fixo foi, para llo agradecer, recitarlle un poema á súa dona/salvadora.
Iso: que se o metes nunha novela, non cho cren. O tipo fugándose, os xendarmes abaixo, disparando, o resto dos reclusos aplaudindo desde o patio e o teu personaxe de novela, alleo a todo, recitando, eu que sei, a Mallarmé.
Iso, que non cho cren.
Pero así foi.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar