menu Menú
A XENTE CULTA SI QUE FALA GALEGO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en enero 10, 2011 0 Comentarios 2 min lectura
EU QUERO SER AZNAR Anterior NA OFICINA DE OBXECTOS PERDIDOS (6) Siguiente

Sempre gustei de Moncho Borrajo. No panorama de cómicos que invadía a tele nos anos oitenta, con diferenza el era dos poucos que mantiña un discurso un pouco diferente e afastado dos clixés ao uso. Por iso lin con grande interese esta conversa publicada onte no Galicia Hoxe e na que, entre outras cousas, dá a súa opinión arredor da cuestión da lingua sinalando: «Que a xente culta non fale galego é un problema».

Eu penso xustamente o contrario, entre outras cousas, porque foi grazas á xente culta que moitos de nós pasamos, na adolescencia, a considerar o galego como a lingua que debiamos falar. Quero dicir que eu, como tantos, fun educado nun entorno no que o galego era omnipresente (crieime nun mercado, na carnicería da miña nai) en castelán absoluto, ao tempo que vía aos membros da familia falar entre eles en galego. Mais iso mudou ao chegar ao instituto e ver que os profesores, é dicir, a xente culta, expresábase, e con fachenda, en galego. E despois, nunha facultade, a de Filosofía, case que por completo galeguizada, tamén se falaba e se nos aprendía, e sobre cousas ben transcendentes, en galego. Daquela, no Templo da Sabedoría, por dicilo en cursi, falábase galego.

Así que, entendendo en esencia o que mantén Moncho Borrajo, que é un home culto, amante do galego, pintor recoñecido e persoa de valía, disinto: aquí o que hai é que convencer á xente «normal», á xente de a pé, de que hai que falar galego, que a súa fala propia é lingua de cultura. A todos eses que falan comigo pola rúa en galego pero que, cando falan cos meus fillos, incluso na miña presenza, lles sae en castelán.

Só se gañamos á cidadanía gañaremos un futuro para a lingua.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar