menu Menú
ARTE E PARTE. PARARSE A PENSAR
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en junio 12, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
OS POETAS DE VIGO CANTAN Á POESÍA Anterior A NOITE DO XERAIS Siguiente


Veño de rematar a lectura do ensaio de Xurxo Borrazás, editado por Galaxia, Arte e Parte. Dos Patriarcas á Arte Suicida. Había ben de tempo que non lía un texto tan interesante, lúcido, valente, iconoclasta e decidido coma este.
Non vou contárvolo polo miúdo. Só direi que me parece imprescindible a súa lectura se queremos asistir, pero de verdade, a un debate serio sobre o que pasa coa nosa literatura, o noso mundo cultural… con nós mesmos.
Mais si quero traer as reflexións de Borrazas sobre un asunto sobre o que neste blog reflexionabamos hai días. Di Borrazás ( resumo para que a cita non sexa longa de máis ):
Hai só 30 anos, a Academia da lingua estaba cloroformizada. Non había Instituto da Lingua, nin Consello da Cultura nin Centro Ramón Piñeiro (… ) nin Consellería de Cultura nin galego nin escola nin televisión galega nin…
…E a lingua tiña moitos máis falantes.
Non haberá que, cando menos, pararse a pensar?


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar