menu Menú
ESCRITORES POUCO ESCANDALOSOS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en agosto 27, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
PERDOAR A MALA FE Anterior GUARACHA Siguiente


Contan as crónicas que a segunda parte das memorias de Günter Grass, tituladas A cámara escura, está a pasar sen pena nin gloria nos grandes suplementos literarios da Alemaña. Seica todo o problema é que nesta segunda parte Grass non dá ningunha clase de escándalo. Na primeira si, cando confesou que de novo entrara voluntariamente e con coñecemento de causa nas Xuventudes Hitlerianas.
Mais estas son insulsas. Nada escandaloso que contar.
Penso: é o normal. Porque a meirande parte dos escritores/as son xente do máis convencional, para nada especiais, para nada fóra do común. De feito, cando a xente coñece a un escritor ( cando o coñece de verdade, no seu día a día, non dando conferencias ou asinando libros ) entende que non hai nada de particular neste oficio. A ese nivel. A outros é un oficio marabilloso.
Créanme: escándalos, como o resto da xente.
( Outra cousa, claro, son os Bukowski, os Kerouac, os Wilde, os… )


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar