menu Menú
LINGUA PROLETARIA DO MEU POBO
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en julio 31, 2009 0 Comentarios 2 min lectura
COUSAS QUE NON SE ENTENDEN (1ª PARTE) Anterior SÓ FALAN DE CRISPACIÓN OS CRISPADOS Siguiente

proletariado

Sobre a enquisa xa dixen en varias ocasións o que pensaba. Agora, que coñecemos o resultado, e que xa lemos dende a mañá diversas e sesudas e acertadas análises, eu só quero chamar a atención sobre un detalle que coido importante: gañou o castelán en todos os chanzos educativos… agás na Formación Profesional.

Celso Emilio Ferreiro fixo célebre aquel poema que comeza con aquilo de Lingua proletaria do meu pobo. Pois seica nada cambiou dende aquela. Porque os pais dos rapaces que o día de mañá serán fontaneiros, electricistas, e, en fin, todo o que se pode estudar nos Ciclos Formativos, non lle ven problema en que se estude en galego, mentres que os de secundaria, na meirande parte dos casos futuros universitarios (médicos, avogados, licenciados en administración e xestión de empresas), eses pais optaron claramente por «todo en castellano».

Daquela, dan ganas de pensar que se reproduce o esquema, tópico de sempre, de que hai sectores sociais que rexeitan o galego, e xentes doutras posicións que non o desprezan. E iso amólame. Porque nos tempos do instituto moitos coma min, educados en castelán, saltamos ao galego, e profundamos nesa actitude na universidade, porque, ademais de entender que era a nosa lingua, a do noso país, etc, tamén a viamos como lingua de nivel e de prestixio. Catedráticos e profesores falábana e formábannos nesa lingua.

En fin, hoxe, tristeiro.

(E,  por certo, o poema de Celso Emilio Ferreiro di máis adiante: eu fáloa porque si, porque me peta e dáme a gana. Pois iso)


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar