menu Menú
Lendo o Principiño coa miña nena (sobre o hábito de ler)
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en septiembre 11, 2017 0 Comentarios 2 min lectura
Unha obviedade sobre a Fundación Francisco Franco Anterior Libros e libros e libros e libros Siguiente

Onte, cando a miña pequena se deitou, máis cedo que durante os tres meses anteriores, porque hoxe empezou 4º de primaria e tocaba madrugar, eu fíxeno, como cada noite, ao seu carón porque é o momento do conto, da historia, da ficción, da lectura. Un hábito que ten, como no seu día o seu irmán, igual que lavar os dentes ou cepillar a melena.

Ler un intre na cama é un hábito, algo que ela ten asumido como algo normal que se fai antes de ir durmir. Penso que esta pode ser unha boa estratexia para todos os que pretendemos facer das nosas fillas e fillos, lectores: que a lectura é tamén un hábito nocturno como recoller a louza da cea e poñer no fregadoiro, poñer as zapatillas no seu sitio para que non queden ciscadas, deixar a bata colgada para atopala ben ao día seguinte, as gafas dentro da súa funda para que non se raien, lavar os dentes para non ter caries… Ademais de que lean en calquera sitio, onde lles pete, e o que lles pete, ademais, pola noite reservamos un tempo de pracer e de lecer lector.

Onte, primeira noite de lectura antes do comezo das clases, preguntoume que podía ler. Deille «O Principiño» (Editorial Galaxia en tradución de Carlos Casares). Propúxenlle que cada noite leamos dous capítulos. Ela tivo a seguinte idea:

-O primeiro capítulo les ti en alto. O segundo léoche eu.

Collemos o libro. Arroupeina e deiteime ao seu carón.

E lin o primeiro capítulo. E ela o segundo.

E limos xuntos e comprobamos, de novo, que ler é, sempre, un pracer.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar