menu Menú
LINGUA COMÚN
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en julio 6, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
QUE MAL FALAN OS POLÍTICOS DE HOXE Anterior SUSPENSE Siguiente


Prometinme a min mesmo que non diría nada sobre o asunto da «lengua común».
Pero non podo ficar calado.
Aínda que tampouco vou pararme moito a argumentar porque, entre outras cousas, iso implicaría ter que concederlles que están a moverse no plano do racional.
E non é o caso.
Só direi que quen mantén os disparates que mantén o famoso manifesto deixando entrever que nas nacións do Estado nas que hai unha lingua de seu, o castelán está discriminado ou perseguido, ou ben o fan por:
1.- desinformación
2.- porque son parvos (no senso de que discorren pouco)
Non vou dicir por cal das dúas posibles respostas me inclino.
Pero pola primeira seguro que non. Porque os que asinan o manifesto, nalgúns casos xente importante da cultura, saben de sobra que a realidade que eles pintan, é outra.
Daquela, xa entendo os versos de Pondal cando di aquilo de:
mais sóo os ignorantes
e férridos e duros
imbéciles e escuros
non nos entenden, non.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar