menu Menú
LOIS E HELENA BUSCÁNDOSE UN DÍA DE TORMENTA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en febrero 5, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
O SER BIFRONTE Anterior ¿QUE LIBROS GALEGOS HAI QUE LER ANTES DE MORRER? Siguiente

Veño de rematar a lectura do novo libro de Manuel Veiga, Lois e Helena buscándose un día de tormenta, editado por Galaxia e que mereceu o Premio García Barros do ano pasado.
Un libro moi ben escrito, cun narrador distante, irónico, intelixente, que nos vai levando pola man nunha historia, en apariencia sinxela ( unha muller que abandona ao seu esposo ) por unha cidade – Oliveira: Vigo – e, sobre todo, por dous corazóns, o de Lois e o de Helena, sen soltarnos en instante ningún. Lese sen respirar. Gozando de cada parágrafo e da profunda ollada narradora de Manuel Veiga.
As páxinas finais, no intre no que se atopan os dous protagonistas, resultan sublimes, por inagardadas. Aínda que o verdadeiro protagonista do libro é a cidade, co seu latexo, o seu ritmo… e as súas gaivotas. A cidade fala. Aínda que non teña voz. E a tormenta. E as gaivotas.
Lédeo. Gustaravos.
( Podes opinar sobre este artigo e animarte a responder á nosa pregunta )


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar