menu Menú
NA CASA DE VICTOR HUGO CON BERNARDINO E ROSALÍA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en diciembre 11, 2006 0 Comentarios 1 min lectura
CAPITÁN TRUENO Anterior O GREMIO DOS LUNÁTICOS Siguiente

Eu na Casa de Víctor Hugo
Pasei a ponte, ademais de na lúa, en Euskadi.
Entre outros sitios, visitamos Pasaxes de San Xoán, un fermosísimo pobo no que viviu durante un tempo Víctor Hugo.
En Agosto emocioneime pensando no seu eivado, cando fun a París. O outro día, imaxineino, naquela habitación na que entrei, escribindo páxinas marabillosas que habían quedar para sempre na historia da literatura.
Na Casa de Víctor Hugo, na segunda planta, ademais tiñan unha exposición sobre a Pesca en Terranova. Para a miña ledicia, ilustraban varios paneis con versos sobre o mar do grandísimo Bernardino Graña e de Rosalía de Castro.
Toda esa gloria, gloriosa, no día en que un dictador, perfectamente esquecible, pasa ao olvido.
Lembrarei sempre a Víctor Hugo. A Rosalía. E a Bernardino, mestre de quen aprendemos cousas todos os días.
De Pin8, nada de nada.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar