menu Menú
NO PASAMENTO DE PAUL SCOFIELD E DAS UTOPÍAS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en marzo 22, 2008 0 Comentarios 1 min lectura
EGOS Anterior MEDRA A LITERATURA FANTÁSTICA. NORMAL Siguiente

O xoves finou Paul Scofield, o grande actor británico que, independentemente doutros traballos, sempre o lembrarei por ter encarnado a Tomás Moro no cine, papel polo que lle deron o seu único Óscar en Un home para a eternidade.
Mirei aquela película con grande interese pois a día de hoxe segue a fascinarme a Utopía de Tomás Moro. Recoméndolle a todo o mundo a súa lectura, e de paso, que tenten responderse a unha serie de preguntas.
A primeira delas, como é posible que en pleno século XVI un autor coma Moro fose quen de escribir un libro tan radicalmente revolucionario na súa descrición da illa de Utopía que, no fondo, é unha crítica durísima á sociedade europea do seu momento. En segundo lugar, como é posible que o libro siga a ser tan moderno. Porque todo o que Moro propuña aí para mellorar o noso xeito de vida, todo o que Moro explicaba aí que había que tentar erradicar da sociedade ( en especial nos cargos políticos ) sigue a ser absolutamente válido cinco séculos despois.
En pleno século XXI ( e tanto me ten o demodé que vai soar isto ), quero seguir soñando utopías.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar