menu Menú
NOVAS QUE NUNCA DARÁ O TELEXORNAL
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en enero 2, 2009 0 Comentarios 1 min lectura
PREGUNTAS QUE NON SON HABITUAIS AQUÍ Anterior E O PRIMEIRO POST DO ANO Siguiente


Os representantes políticos, coa súa maxestade á cabeza, amosaron hoxe a súa fonda preocupación porque desde hai aproximadamente unha semana están a aparecer, ao primeiro soltos, pero desde hai dous días, formando pequenos grupos, xentes de todo tipo, condición e idades que paran na rúa para ler libros. Neste instante, os sociólogos contratados pola ONU están a estudar se existe algunha clase de relación entre esta psicopatoloxía colectiva e a baixa xeralizada no consumo xeral, nomeadamente no de televisión e facturación de móbil. Pola súa banda, as autoridades están pensando seriamente en tomar medidas urxentes, sen desbotar a posibilidade da actuación violenta, no caso de que o estraño fenómeno sega, como semella que está a acontecer, a medrar en todo o planeta.
O goberno está reunido en Gabinete Urxente de Crise.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar