Hai algo de perverso, de enfermizo, de soez, nas caras desas persoas que saen a apoiar a Cristiano Ronaldo, a Messi, que os aclaman, que saen á rúa a berrar que están con eles, que moito ánimo, que es o mellor. Hai algo que ten que estar mal aí. Se colles os vídeos e paras a imaxe verás que son xente normaliña, traballadores probablmente que meten moitas máis horas das razoables en traballar coma mulas para sacar o xustiño para comer e, con sorte, pagar o abono do estadio ou as cañas do bar onde ven os partidos e onde se alegran, ou choran, segundo lles vaia a Cristiano ou a Ronaldo. Son as mesmas caras que vitoreaban a Cachuli entrando nos xulgados, ou á Pantoja camiño da prisión.
Ten que haber algo que funciona mal dentro das cabezas de toda esa xente humilde que sabendo que tal ou taloutro político é un corrupto e responsable de moitas das súas desgrazas, aínda así din que están a morte con eles, que non van deixar de botarlles.
Moita desa xente que está con Cristiano, con Messi, con toda esa pobre xente que persegue Facenda, ven con bos ollos que lle metan un puro ben metido ao quinqui do barrio que rouba un móbil para financiarse a heroína. Son os mesmos que piden «man dura» para todos eses ladróns de terceira división que de tan parvos, sempre os collen.
Ten que haber algo que funciona mal. É todo perverso.
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.