menu Menú
QUERO METERME NUNHA POZA
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en febrero 16, 2012 0 Comentarios 1 min lectura
OS VALORES NOCIVOS QUE ENCARNA LETIZIA ORTIZ Anterior O QUE VERÁ O SATÉLITE GALEGO DENDE O ESPAZO Siguiente

Cando estamos contentos, polo que sexa, choutamos, bailamos, apertamos corpos que nunca pensaramos abrazar, rimos, choramos, damos mans, beixamos e deixámonos bicar… a colectánea de emocións humanas para exteriorizar o que nos pasa por dentro, é case que sempre infinita.

De todas esas expresións, quizais a máis universal sexa a que consiste en recurrir á música para facelo. En definitiva, cantar e danzar. Cando a xente está feliz (por iso se canta tanto arredor do viño) dáselle por cantar. Ou por achegarse ás mozas para bailar con elas.

Por iso deixo aquí este máis que coñecido video. Dende o meu punto de vista é, con diferencia, unha das escenas nas que mellor se soubo captar un intre de felicidade, un momento gozoso de ledicia absoluta (aínda que tamén valería o instante no que ao pequeno Forrest se lle caen os trebellos metálicos que leva nas pernas e comprende nun segundo que xa pode correr e andar sen eles).

Pídovos que vexades o video con esta clave na cabeza. Estamos diante dun namorado que ademais é correspondido. Tanto lle ten enchouparse, probablemente porque xa vai absolutamente anegado e líquido por dentro. E o momento no que chouta, coma un neno feliz e fedello, nas pozas da rúa, é sublime. Sempre me entran ganas de meterme dentro da tele e choutar con el e poñerme perdido de auga.

A felicidade báilase así.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar