Estarei volvéndome vello, pero estiven atento ao inicio da comparecencia de Bárcenas na comisión do Congreso.Moi amable e cordial, abriu o micro para dicirlle ás súas señorías, que non ía dicir nada. Esbozou un sorriso de bo veciño e alí quedou, tan pancho e caladiño.
Silencio.
O Tribunal de Cuentas, hoxe, en Madrid, ditaminou que quedaba pechado o caso da venda de pisos públicos a un Fondo Buitre durante a época de Ana Botella (que obsceno me parece iso de falar con normalidade de «Fondos Buitre», «Banco Malo»…) así que decreta o «carpetazo» e que non hai caso e que aquí, a calar.
Silencio.
Polo banquillo da Gürtel pasa a plana maior do PP da época Aznar. Todos din o mesmo: no me acuerdo, yo que sé, hace mucho de eso, no tengo memoria.
Silencio.
Moitos silencios.
Nun país, por certo, de xente calada…
Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información
Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario. Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.