menu Menú
SIMBAD EN BAGDAD
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en marzo 23, 2007 0 Comentarios 1 min lectura
MÁIS SOBRE OS LIBROS GALEGOS A LER ANTES DE MORRER Anterior RECITAL NO DÍA MUNDIAL DA POESÍA Siguiente

Estes días volvín reler a historia de Simbad O Mariñeiro. Levo moitos anos, toda a vida quizais, namorado desa historia.
Sen embargo, a miña lectura, hoxe, non pode ser como a de antes.
Porque leo esa historia e fálanme dun Bagdad cheo de casas fermosas; un Bagdad onde son infinitos os patios cheos de flores; un Bagdad onde se venden nos mercados exóticas viandas; un Bagdad cheo de xerras con viños deliciosos; un Bagdad cheo de palmeiras frescas e dátiles saborosos.
Medrei abeirado polas evocacións desas verbas fermosas que me remitían a unha terra que de certo que era o paradiso.
Bagdad, a patria de Simbad, heroe de libro.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar