menu Menú
TEMPOS MODERNOS DE MÁIS
Por Francisco Castro Publicado en A Canción do Náufrago (Blog) en marzo 20, 2011 0 Comentarios 3 min lectura
Literatura, sempre pomada Anterior O PORCO SEGUE DE PÉ Siguiente

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/-YO86Bepf5Y" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Se tivese que salvar un cineasta, só un director, só un e ningún máis ca un, optaría sen ningunha clase de dúbidas por Chaplin. Por todo o seu traballo. Dende as historias de Charlot a esa marabilla poética que é Candilexas. Ao meu modesto entender, coido que non houbo outro máis grande na historia do cine. Aínda. Ninguén coa súa capacidade para facer unha poética das imaxes ao tempo que denuncia social; ninguén coma el para sacudirnos dende a tenrura e o humor para facernos pensar en nós mesmos, o que somos, o que poderiamos ser. O que non debemos ser.
Traio hoxe aquí o seu nome e traballo, porque neste 2011 cúmprense 75 anos da súa xenial Tempos Modernos, unha fita que, como O Gran Dictador, resultou a moitos niveis profética. Se cadra, Tempos Modernos moito máis porque o senso derradeiro do que pretende criticar sigue aínda hoxe en día máis presente ca nunca.
Dicía Calvino, falando de literatura, que un libro era un clásico porque tiña unha mensaxe preciso para o seu tempo e outro diferente para cada época. Por iso, traspoñendo o exemplo ao cinema, esta película de Chaplin é un clásico. Porque ten unha mensaxe válida para esta época que sobrevive enchida de seres humanos sometidos á tiranía da produción (e non só os humanos, tamén a cultura e os produtos culturais, que deberían ser de todo agás produtos), porque nunca como agora (aí está a crise que todo o xustifica) as persoas estiveron máis a mercede da Grande Máquina Capitalista.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/3cFTJ9q5ztk" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

É curioso que tiveran a Chaplin por comunista nos EUA. O seu discurso, o de toda a súa obra, era sobre todo unha argumentación humanista, a prol do ser humano (analizade unha e outra vez o discurso final de O Gran Dictador que aquí vos deixo). Mais seica defender ao ser humano, poñelo por enriba da produción, defender a súa felicidade por encima dos beneficios das grandes transnacionais, é un exercicio de comunismo…

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/r4p8qxGbpOk" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Mañá comeza a Primavera. E é o Día da Poesía.
Dous motivos máis que válidos para vermos de novo estes Tempos Modernos pois, os de hoxe (e os que virán) no senso explicado por Chaplin, son modernos de máis. E quizais por iso inaturables. A non ser que, como tamén conta a película, e Lennon na súa canción, entendamos que a salvación só pode vir polo amor.


Anterior Siguiente

keyboard_arrow_up

Usamos cookies para mellorar a experiencia de navegación. Se continúas navegando entendemos que aceptas a política de privacidade e cookies. Máis información

Esta páxina web utiliza cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia de navegación, e funcionalidades (como deixar comentarios ou enviar unha mensaxe no formulario de contacto) que recompilan datos de usuario.

Podes revisar que datos se recompilan e como son procesados na política de privacidade e cookies.

Pechar